Óscar Prieto Sanmartín

 
 

Formase musicalmente como tubista nos Cmus. Profesional de As Pontes e Vigo e posteriormente no Cmus. Superior de Vigo da man dos mestres J.B. Bernat, C. Diaz, E. Nogueroles e paralelamente perfecciona os seus estudos con grandes mestres internacionais como A. Mollá, Mel Cultberson, M. Moreno, J.V. Simeó, M. Navarro, Harvey Phillips, V. Castelló, Steven Mead, Matt Tropman, Marty Erickson, etc. Estuda tamen guitarra clásica no Cmus. Profesional de As Pontes da man da mestra Isabel Rei. Completa a sua formación con numerosos cursos de Didáctica, Socioloxia, TICs, Psicoloxia, etc.

Estuda dirección de Banda cos mestres Jan Cober, Javier Viceiro, André Granjo, Norman Milanes, Jean Batiste Vereau. en 2017 acada o Titulo Avanzado en DIrección de BAnda pola European Academy for Wind Band. Dirixe a Banda Escola do Ateneo Musical de Bembrive de 2013-2017. En 2014 forma Os Swindomables Jazz Orquestra, big band que dirixe dende entón.


Forma parte de diversos grupos de cámara e de outras tendenzas musicais como o Conxunto de musica Folk do Cmus. Superior de Vigo co que graba o cd “ Folk ó Forno”, Skatubarius,  Hot3+1, The Dixieland Troupe, Menudo Swing, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, colaboura en 2011 con Dakidarria na grabación do seu disco “Utopías Emergentes”, ROFCOM, Murajazz Big Band. Colabora con numerosas bandas de música en España e Portugal, actualmente toca asiduamente coa BBV. Amares (Pt).

No eido orquestal e dmembro dende 2005 da Orquesta Clasia de Vigo, coa que tivo a honrra de tocar como solista.

Graba o cd “Just in Jazzvides” e “papá, jazz!” co grupo Mr. Dixie Jazz Band, co que en 2006 representa a España no I Euro Jazz Rueil Festival en Francia e acada o premio a mellor Banda de jazz entre os 16 paises europeos asistentes. Asimismo concedeselle individulmente en dito festival o segundo premio ao mellor solista. Forma en 2008 a banda St. James Street Band, que xunto con Oscar Prieto Trio, RouX, Os Bregadiers e The Alley Stompers son os seus proxectos actuais.


No ámbito da docencia foi profesor de tuba e trombón na Esmu.de Beade, profesor de Iniciación á Musica no Cmus. Profesional de As Pontes, profesor de tuba e educación auditiva e vocal no Cmus. Profesional de Lugo, profesor en substitucions dos Cmus, Profesionais de VIgo, Pontevedra, Santiago e As Pontes, profesor de linguaxe musical, tuba, e banda na Esmu. de Bembrive. Actualmente e profesor de musica e movemento, linguaxe musical, tuba, trombon, coro e ensemble de metal nas Esmu. de Rábade, Arcade e Ordes.

 

Benvidos a miña web. Contovos algo sobre min:

Brass musician, teacher & conductor


oscar prieto  licenciado en música esp. tuba e titulo avanzado en dirección de Banda pola European Academy for Wind Band

0034 653484497

oskartuba@gmail.com

Instrumentos:

F tuba: Miraphone Elektra

CC tuba: B&S Neptuno

Serpent: David Harding

Bass: Fender Modern Jazz